Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muxía prepárase para o Nadal

Muxía prepárase para o Nadal
O concello de Muxía vén de dar a coñecer a súa programación para o Nadal. Os actos comenzan xa o día 6 de decembro coa presentación do libro "Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899", de Fernando Patricio Cortizo, que terá lugar ás 12 horas na biblioteca municipal. A literatura dálle paso ao teatro e así o 8 de decembro Malasombra leva a súa obra "Os Rockenstein" ao salón de actos do voluntariado. Un acto dirixido a todos os públicos e que comeza ás 19 horas. Ao día seguinte, o día 9, Larraitz Urruzola chegará co seu espectáculo de títeres para os máis miúdos que leva por título "A viaxe de Rosalía". A función comeza ás 18 horas no salón de actos. Muxía acolle este ano a gala da entrega de premios dos contos de Nadal organizada por La Voz de Galicia e que será o 16 de decembro ás 12 horas no salón de actos e participará María Canosa. Xa o día 22 de decembro, Papá Noel visitará a vila e recibirá aos nenos e nenas no salón de actos do Voluntariado a partir das 12 horas. Os títeres volven o 23 de decembro. Nesta ocasión, a compañía Os Monicreques traen o seu espectáculo "O encoro enmeigado". A función será no salón de actos ás 18:30 horas. Dentro da programación de Nadal de Muxía tamén hai un oco para a música. Así, o día 30 de decembro terá lugar no salón de actos (ás 19 horas) un certame de corais. E a programación remata o 5 de xaneiro coa cabalgata de reis que percorrerá todo o municipio e as súas Maxestas recibirán aos máis pequenos no pavillón municipal onte tamén haberá inchables. Fonte

Comentarios