Muxía rendeulle homenaxe a Abdou e premiou aos seus mellores deportistas

Alpha e Mohamed coa placa descuberta en homenaxe ao seu irmán Abdoulaye en Arliña-Foto-Marina Busto

Emotivísima xornada a vivida en Arliña este Luns de Pascua en Arliña. O campo muxián, despois da tremenda eliminatoria da Copa, vestíase de homenaxe, para lembrar aquel pequeno rapaz senegalés que falecía sobre o céspede muxián un partido das categorías inferiores do club en 2016.

Unha xornada para lembrar a Abdoulaye Fall Seck, organizada dende o Concello e o club, que contou ademais cos seus irmáns Mohamed e Alpha (aínda lembramos a Gala de 2017 celebrada en Muxía na que o pequeno Alpha facía entrega do I Premio Abdoulaye ao Fútbol Base), que participaron nesta celebración, descubrindo a placa instalada en homenaxe a Abdoulaye Fall Seck. A Directiva tamén quixo participar coa plantación dunha árbore no mesmo espazo onde se levan realizando as ofrendas florais nos actos de homenaxe que o club leva realizando dende o pasamento.

De contado celebrouse un divertido partido entre Veteranos do club muxián e o equipo sénior B, que contou nas súas filas cos propios irmáns de Abdou para vencer o partido por un apretado 3-4.

A recadación foi destinada á AECC local de Muxía, e “agora a esperar que a Copa da Costa veña para casa”, como recoñeceu a teniente de alcaldesa, Sandra Insua.

Homenaxe a Abdoulaye en Arliña-Foto-Marina Busto
Alhpa Seck xogando co Muxia B ante os Veteranos na homenaxe a Abdoulaye-foto-Marina Busto
Mohamed Seck xogando co Muxia B ante os Veteranos na homenaxe a Abdoulaye-foto-Marina Busto
Alvaro do Coral na homenaxe a Abdou-Foto-Marina Busto

Recoñecementos ao Mérito Deportivo aos fitos individuais no 2025

A xornada serviu ademais para homenaxear aos deportistas muxiáns que destacaron o pasado 2025.

  • Oliver Mouzo - SubCampión galego de Taekwondo 2025.
  • Lucía Pazos - Bronce na supercopa de España de iudo 2025.
  • Noa Sambad – Campiona de España de fútbol Sala.
  • Lola Soneira - Campiona de España de fútbol Sala.
  • Alejandra García - Campiona de España de fútbol Sala.
  • Fran Toba - Campión de España de fútbol Sala (entrenador).
  • Samuel Méndez – Campión Open Internacional Taekwondo.
  • Lucas Toba – Campión Copa da Costa.
  • Pablo Paz - Campión Copa da Costa.
  • Eva Lema – Campiona Copa da Costa.
  • Yaiza Sar – Campiona Copa da Costa.
  • Sheila Rey – Campiona da Costa.
  • Antón Pose- Campión da Copa da Costa.
  • Raúl Lema - subCampión seleccion española.
Oliver Mouzo co alcalde Javier Sar, a teniente alcalde Sandra Insua e o presi do club Juanjo Busto. Foto-Marina Mouzo
Noa Sambad -Foto-Marina Busto
Lola Soneira Foto-Marina Busto
Alejandra Garcia -Foto-Marina Busto
Fran Toba -Foto: Marina Busto
Samuel Méndez -Foto-Marina Busto
Lucas Toba -Foto-Marina Busto
Eva Lema -Foto-Marina Busto
Yaiza Sar -Foto-Marina Busto
Sheila Rey -Foto-Marina Busto
Anton Póse-Foto-Marina Busto
Raúl Lema-Foto-Marina Busto

Máis novas