Xa temos final da #CopadaCosta: O Muxía elimina a todo un Sofán e o Malpica volve tirar de penaltis para eliminar ao Porteño
Incrible é a Copa da Costa. O favorito, o equipo de máxima categoría, volveu caer por terceiro ano seguido no seu camiño cara a gran festa do Fútbol da Costa. O Sofán non puido cun gran Muxía, que está completando unha temporada histórica e conseguía colarse na súa segunda final consecutiva e a súa terceira na historia (estivo no 67 ante o Xallas), buscando o seu primeiro título.
En fronte terá a todo un Malpica, que volve a unha final 13 anos despois (caeu co XSC no 2013 na 50ª edición da competición). Os malpicáns volveron, como nos Cuartos, tirar da quenda de penaltis para superar a un Porteño que tamén partía como favorito tralo visto na liga da Costa.
A final, o 24 de maio no Irmandiño.
Malpica - Porteño (0-0)

- Malpica: Abdou, Carrumba, Damián, García, Cristia Fdez., Chechu, Cristian Villar, Saydo, Aday, Luis, Chicha. Tamén: Saúl, Fran, Fabián, Isaac e Brais Calvo.

- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Berais Mouzo, Álvaro, Pablo, Baba, Martínm Alfredo, Sandelo e Bruno. Tamén: Joel, Alan, Yuyo,m Sandro e Carrabete.
Trala impresionante eliminatoria de Cuartos ante o Corme, volveu responder a bancada do Malpica, e tamén a sempre fiel do Porteño, para encher o campo de Pedra Queimada. E tivo que ser de novo nos penaltis, como se metía o cadro de David Baña na final.

Moito respecto sobre o castigado céspede malpicán, cos dous equipos sen correr riscos. O Malpica estivo mellor posicionado no campo, e na primeira parte tivo as dúas mellores ocasións, incluíndo un pau de Aday, ou unha de Chicha tras un gran pase de Garci e outra de Saydou.
Na 2ª parte, intentou o cadro de Mayor dar un paso adiante, pero os locais seguían tendo algo de control, e gañando as segundas xogadas. Nos últimos 20 min. o cadrro visitante estirouse e ameazou a área con varias contras pero sen claridade nos últimos metros, rematando os 90 minutos sen goles, debido tamén a unha boa intervención de Mariolo a unha chegada de Fabián.
Tivo que chegar a semi á lotaría dos penaltis, e volveu caer cara para os locais. Ata 7 penaltis houbo que tirar na quenda. Fallou Sandelo para o Porteño e Saúl marcou o gol do pase á finalísima. Así foi o último penalti:
Muxía - Sofán (2-1)

- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Javi Vilela, Carls Costa, Antón Pose, Mauro, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Alex, Juliñan, Iago, Isma Pose, Brais e Manu Martínez.

- Sofán: Brais, Javi, Dani, Alex Sánchez, Izan, Alexandre, Pablo Parafita, Iván Parafita, Marcos Montero, Joel, Julián. Tamén: Gardu, Iván, Isma Ramos, Fabián, Dani Pena, Iraitz, e Braian.
- Goles: 1-0, m.48: Manu Nogueira tras unha xogada combinativa, que saía Carlos Costa superando liñas e combinaba con Víctor ; 1-1, m.60: Marcos Montero tras unha xogada por banda esquerda; 2-1, m.75: Fran Moreira marca un golazo de picadita tras asistencia do meta Ivan Bouzón.


Partidazo cun ambiente incrible en Arliña entre dous equipazos pero que amosaron propostas diferentes, cun Sofán esperando atrás, facendo moito dano a balón parado e con balóns directos, ante un Muxía que quería mandar no medio campo, co Manu Nogueira, Mauro, e os Alcaina dominaron o medio campo saíndo sempre xogando o balón, superando a tímida presión do Sofán. Atrás, os Carlos Costa e Antón estiveron moi serios ante o potente ataque dos de Torreira.
Tras unha primeira sen grandes ocasións, os de Pataca se adiantaban moi pronto na segunda tras unha boa xogada entre Carlos Costa, Victor e Manu Nogueira. Cos cambios, desaxustouse algo o Muxía, e aí fixo dano pola banda esquerda o Sofán empatando o partido. Parecía que non se movería máis, pero apareceu o elemento diferencial do partido, que non foi outro Bouzón, pola seguridade que trasmite en todo momento, sobre todo por arriba nas accións a balón parado do rival, epolo paradón que fixo a bocaxarro no treito final senón tamén polo saque rápido que se convertiu en asistencia para que Fran Moreira lle picase a Brais para meter ao Muxía na súa segunda final. Así o celebrou:
Máis novas



