A bisbarra solidarízase coa familia de Abdoulaye
08:16 27/04/16
A Costa da Morte segue consternada pola morte de Abdoulaye, o xoven xogador do Muxía que faleceu o pasado sábado durante un partido de fútbol. Así que son moitas as mostras de solidaridade para axudar á familia para repatriar o corpo do rapaz ao seu país natal, Senegal.
Numerosas achegas persoais están aparecendo na conta que abriu o club para axudar á familia. Pero ademais boa parte dos clubs da zona están realizando campañas de recollida de cartos nas súas cantinas para botar unha man.
As Doazóns á familia de Abdoulaye Fall Seck, no Nº de conta: ES16 2080 0078 4630 4000 7676.
E o éxito está sendo rotundo, pois no primeiro día a conta xa sumou 8.000€.
Todos somos Abdoulaye"
A última é a posta en marcha polo Corme CF e a asociación deportiva Vidú -en colaboración co Muxía CF -que queren poñer en marcha un torneo de fútbol base, que se celebraría os días 14 e 15 de maio no campo municipal de Arliña, co propósito de xuntar fondos para a repatriación de Abdoulaye. Co fin de que o torneo “Todos somos Abdoulaye” vaia adiante, Suso da Torriña e Martín Varela - en representación da organización -desprazaranse hoxe ata Baio, aproveitando que se celebra unha reunión con motivo da copa da Costa Infantil e Cadete, para trasladar as súas intencións aos clubes costeiros e que estes se involucren nun torneo que se celebrará unicamente co obxectivo de apoiar economicamente á familia de Abdoulaye e do Muxía CF. Novas relacionadas Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- Corme CF