A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa - QPC

12:41 17/06/17





28 premios
Foron os últimos da Gala pero sempre son os máis importantes. Máis de 120 persoas do noso fútbol (xogadores, directivos, capitáns, xornalistas, afeccionados…) escolleron coas súas votacións os premios máis importantes. Xallas, Sofán, Dumbría, Baio, Corme e San Lorenzo foron os equipos con máis participación, con protagonismo especial para o cormelán Alejo, que levou 3 premios (Pichichi da Liga da Costa, un dos 3 Mellores Dianteiros do 11 ideal e o de Mellor Xogador). Iván Cancela levou o premio ao Mellor Adestrador, collendo o relevo de Manu Roque. O Dumbría levou o Premio ao Fútbol Base, o Premio ao Mellor Equipo, un Zamora e colocou 4 xogadores no 11 ideal (Raúl, Aarón, Diego Cespón e Adrián Makaay).

Premio Bar Bristol de Carballo ao Mellor Xogador

Premio O Semáforo de Fisterra ao Mellor Equipo

Premio Restaurante D’Alvaro á Mellor Directiva

Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador

Premio Clínica Vertebra e Alicia Novás Podóloga á Mellor Afección

PREMIO CALVO 11 IDEAL

Premio Saunier Duval ao Árbitro do Ano

Premio Saunier Duval ao Delegado do Ano


Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo de Fútbol Base

Pichichis e Porteiros menos batido
Outro dos momentos máis emotivos da noite chegou cando tocou recordar o sorriso de Álex Pombo. Non puido estar o seu irmán José Ramón Pombo, e foi un bo amigo da casa, Alberto Pose, o que fixo entrega deste premio a Iván Bouzón, o Premio Álex Pombo ao Porteiro Menos Batido da Pref. e 1ª. Ademais, Cristian do Ameixenda recolleu o Premio DAFIT ao Pichichi da 3ª a mans de Dani Lema; Alejo recibiu o Premio Vitureira Bouzas ao Pichichi da 2ª; Adrián Makaay recibiu o Premio Roberto Mouro - Reale Seguros (non puido estar na Gala por unha urxencia) ao Pichichi da Pref. e 1ª; o liracho Peipo recibiu o Premio Aluminios Dumbría ao Porteiro menos batido da 3ª a mans de Víctor Trillo e Miguel do Mazaricos recibiu a mans de Miki o Premio Comercial Agrosale de Mazaricos ao Porteiro Menos Batido da 2ª. Trucho de Escola de Porteiros Nordés, entregoulles unhas luvas coas súas tallas.
Premio Especial Abdoulaye ao Fútbol Base

Premio Clínicas O Burgo Á Acción Máis Deportiva

Premio Histórico

Agradecementos
O equipos de QPC ten que agradecer a colaboración do Concello de Muxía, por acollernos e ofrecernos uns petiscos da Lareira de Papi ao remate da Gala, e nomeadamente a José Noya pola súa inestimable colaboración técnica. Agradecemos tamén á Federación Galega por institucionalizar o evento, e esperamos contar co seu apoio en vindeiras galas. Ádirectiva muxiá pola disposición total á botar unha man, mesmo con eses azafatos magníficos como eran Adrián, Martín, Darío e Pablo. E como non, a todos os patrocinadores que facedes posibles estes eventos. Agradecemos tamén a todos os equipos que tivestes representación e ao tempo lamentamos que outros moitos equipos que ao non ter nomeados aos premios, non fixeron acto de presencia neste evento que pretende servir de nexo.Os Patrocinadores
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1329011383884182/" width="800" height="450" onlyvideo="1"]Novas relacionadas
- 2017: Os Nominados da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- 2017: As iniciativas de unir a canteira dos Concellos Malpica e Zas, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base.
- 2017: Muxía e Cristal recibirán o Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa.
- 2017: Os árbitros costeiros elixirán ao Árbitro e o Delegado do ano na Gala do Fútbol da Costa.
- 2017: Tito Luaces, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- 2017: David Perdomo porá o toque de humor na Gala do Fútbol da Costa – QPC
- 2017: A lista de Candidatos á IV Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- 2017: A Gala do Fútbol da Costa – QPC xa ten cartel.
- 2017: A lista de Candidatos á IV Gala do Fútbol da Costa – QPC:
- 2017: Muxía acollerá a IV Gala do Fútbol da Costa – QPC co apoio da FGF.
- 2017: Os Pichichis e Zamoras da 2ª e 3ª Galega do Fútbol da Costa.
- 2017: Iván Bouzón e Adrián Makaay, Premio Álex Pombo e Máximo Goleador da Pref. e 1ª.
As Galas do Fútbol da Costa
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- Decembro 2014: A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa entre o Combinado e o Coruxo.
- Xullo 2014: O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Fotos de David Castro.