Muxía rendeulle homenaxe a Abdou e premiou aos seus mellores deportistas
Emotivísima xornada a vivida en Arliña este Luns de Pascua en Arliña. O campo muxián, despois da tremenda eliminatoria da Copa, vestíase de homenaxe, para lembrar aquel pequeno rapaz senegalés que falecía sobre o céspede muxián un partido das categorías inferiores do club en 2016.
Unha xornada para lembrar a Abdoulaye Fall Seck, organizada dende o Concello e o club, que contou ademais cos seus irmáns Mohamed e Alpha (aínda lembramos a Gala de 2017 celebrada en Muxía na que o pequeno Alpha facía entrega do I Premio Abdoulaye ao Fútbol Base), que participaron nesta celebración, descubrindo a placa instalada en homenaxe a Abdoulaye Fall Seck. A Directiva tamén quixo participar coa plantación dunha árbore no mesmo espazo onde se levan realizando as ofrendas florais nos actos de homenaxe que o club leva realizando dende o pasamento.
De contado celebrouse un divertido partido entre Veteranos do club muxián e o equipo sénior B, que contou nas súas filas cos propios irmáns de Abdou para vencer o partido por un apretado 3-4.
A recadación foi destinada á AECC local de Muxía, e “agora a esperar que a Copa da Costa veña para casa”, como recoñeceu a teniente de alcaldesa, Sandra Insua.
Recoñecementos ao Mérito Deportivo aos fitos individuais no 2025
A xornada serviu ademais para homenaxear aos deportistas muxiáns que destacaron o pasado 2025.
- Oliver Mouzo - SubCampión galego de Taekwondo 2025.
- Lucía Pazos - Bronce na supercopa de España de iudo 2025.
- Noa Sambad – Campiona de España de fútbol Sala.
- Lola Soneira - Campiona de España de fútbol Sala.
- Alejandra García - Campiona de España de fútbol Sala.
- Fran Toba - Campión de España de fútbol Sala (entrenador).
- Samuel Méndez – Campión Open Internacional Taekwondo.
- Lucas Toba – Campión Copa da Costa.
- Pablo Paz - Campión Copa da Costa.
- Eva Lema – Campiona Copa da Costa.
- Yaiza Sar – Campiona Copa da Costa.
- Sheila Rey – Campiona da Costa.
- Antón Pose- Campión da Copa da Costa.
- Raúl Lema - subCampión seleccion española.




