Emotiva homenaxe das familias de Muxía e Cristal a Abdoulaye e Moussa Cisse
          
 Familiares de Mousse e Abdoulaye en Arlina
Emotiva a homenaxe que o Muxía CF e o Club Deportivo Cristal da Coruña rendían este pasado sábado a dous rapaces senegaleses que nos deixaron prematuramente. Arliña acollía unha cita chea de sentimento, respecto e recoñecemento, para lembrar a Abdoulaye Fall Seck, xogador do Muxía CF, falecía aos 15 anos en Muxía, xogando no mesmo campo de Arliña, o 23-04-2016; e a Mouse Cisse, do Club Deportivo Cristal da Coruña, desaparecía nas augas do Orzán aos 17 anos o pasado 10-04-2017.
Xa o ano pasado o club herculino chamara ao muxián para amosar o seu apoio tralo pasamento do pequeno muxián. E este ano, despois da traxedia con Mousse, a cita era obrigada.
Foi durante o II Memorial Abdoulaye, nun choque da categoría xuvenil que venceu, aínda que iso é o de menos, o cadro muxián por 3-1. Cada xogador levou unha medalla en lembranza, e houbo un ágape ao remate para compartir mantel. Ademais, durante o partido sorteáronse varias prendas deportivas doadas por CaboSport Cee e por AtmosferaSport Muxía, permitindo que a recadación fose doada á Cociña Económica da Coruña.
 Cristal e Muxia homenaxearon a Abdoulaye e Mousse Cisse 
 Cristal e Muxia homenaxearon a Abdoulaye e Mousse Cisse
Novas relacionadas
- O Muxía e o Cristal únense para homenaxear xuntos a Abdoulaye e a Moussa Cisse.
 - I Memorial Abdoulaye: O Fútbol da Costa lembra a Abdu.
 - Abdoulaye protagonizou un dos momentos máis emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC 2016.
 - Abdoulaye e o Muxía, e a nova sede de Baio, protagonistas das Galas da Federación.
 - O alumnado do Agra de Raíces homenaxea a Abdoulaye Fall Seck.
 - A bisbarra solidarízase coa familia de Abdoulaye.
 - Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)