Noite completa de loita contra o lume en Muxía

10:45 03/08/18

Ata as 7:00h da mañá deste venres tiveron quye traballar os medios de extinción para sufocar o incendio que prendía arredor das 20:45 deste xoves na zona de Touriñán, parroquia de Nemiña, en Muxía. Membros de Protección Civil, 3 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, e un helicóptero (que só puido traballar ata que se fixo de noite) traballaron arreo para extinguir un lume que acabou arrasando 1 hectárea de arbolado e 8 de raso.
Incendios forestais 2018
- 20-07-18: A rápida intervención evita males maiores dun incendio en Camariñas.
- 18-07-18: Segundo incendio en 4 días na mesma zona de Punta Uhía.
- 14-07-18: Dous sospeitosos lumes consecutivos en Fisterra e un en Muros abre a temporada de incendios.
- 20-014-18: Muros sofre o primeiro incendio forestal da temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).