![]()
Porta lateral do Santuario da Barca. Muxía (1)
Un número indeterminado de personas asaltaba esta pasada noite o Santuario da Virxe da Barca en Muxía, no
![]()
Porta da cripta do Santuario da Barca. Muxía
que
xa se está volvendo un desagradable costume.
Unha veciña que tódalas mañas pasa pola zona daba a voz de alerta ao fío das oito desta maña, despois de ver como estaba forzada a porta lateral que da acceso ao santuario muxian. Personados no lugar efectivos de Policia Local e o cura-párroco, poideron observar que os asaltantes revolveran todo o interior da cripta e reventaran os cepillos das esmolas, único botín, aparentemente, desta incursión.
Os asaltantes terían tentado entrar pola porta principal sen conseguilo e despota reventaban a porta lateral, coma se pode apreciar nas imaxes. Por este punto xa se teñen producido asaltos similares a un edificio que parece non ser capaz de abandonar a xeira de traxedias e incidentes que o asolan desde hai xa alguns anos.