O congro mantense vivo ao solpor muxián


Época de congro. I é que para que todo saia ben e haia produto abondo para a 15ª Festa do Congro, a familia muxiá ten que esforzarse no duro traballo artesanal do congro. Os secadoiros están estes días a tope. É tempo de xacer ao sol.
Xa coñecimos o proceso do congro a través da fermosa Documental "A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar". Nela podemos coñecer como a familia Diz mantén viva esta tradición, co grave risco de que non hai relevo, pois a mocidade de hoxe en día non está moi afeita ao artesanal.
O proceso comeza coa pesca, nocturna e en zonas rochosas. Como nos conta o investigador Xan Fernández Carrera, o cebo soe ser sardiña, xarda ou xurelo e o aparello utilizado é o palangre ou pincho de fondo. Da caña ao secadoiro e a facer que os dous secadoiros muxiáns enchen de luz a vila.
Da comercialización sabemos pouco, i é que a meirande parte da colleita expórtase a zonas como Cataluña, Aragón... Aquí pouco se consume, máis alá do extraordinario produto que se pode degustar cada semana santa na Festa do Congro. Alí nos vemos pois...
Máis información
- Recunchos da Costa: O Secadoiro de congro de Muxía.
- Documental sobre A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar (Ver o vídeo).
Novas relacionadas
- Muxía prepara unha Semana Santa con congro e moito máis.
- Que pasou na Costa: O mar como fonte de riqueza .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Grupo de Fb Por unha Costa da Morte unida.