O goberno municipal de Muxía aproba en solitario os orzamentos de 2017
07:43 03/04/17
En solitario aprobou o goberno socialista do PSOE os orzamentos municipais para este 2017. O pasado venres, cos votos en contra do PP e a abstención do BNG, aprobaban unha contas de case 5 millóns de euros. En todo caso, a oposición lamenta a perda dunha gran ocasión para armar un verdadeiro plan de acción aproveitando os ingresos recibidos este ano polos eólicos.
Dende o PP consideran de "electoralistas" os orzamentos, e denuncian que “fomentan o "clientelismo político" a través da política laboral”, sobre todo no xeito de repartir as axudas económicas a asociacións e clubs deportivos.
Sandra Vilela denuncia que a política laboral muinicipal derivará na contratación, a tempo parcial e con contratos precarios, de ata 47 persoas a través de favores”. Máis grave parece que entre esas 47 contratacións non haia ningunha para a Oficina de Turismo, nunha vila que pretende facer do sector un dos motores económicos. “Félix Porto vive de costas a un dos sectores económicos máis importantes para Muxía”, sinalan.
Ademais, critican que “non reflicten nin un só euro de investimento”. Iso si, 1 millón de euros destinaranse ao mantemento de pistas forestais, un “malgasto” a xuízo dos opositores.
Vilela lembra a anulación de varios proxectos polo “desgoberno”, como son a mellora da contorna do Faro Touriñán, do Santuario da Barca, ou de Moraime”.
Novas relacionadas
- O PP de Muxía acusa ao alcalde como o responsable da falta de espazo na escola infantil Galiña Azul
- O PP de Muxía denuncia a falta de axudas económicas para o CEIP de Vilarmide
- >a href=/aprobadas-as-novas-xuntas-xestoras-do-pp-de-muxia-laxe-e-mazaricos/>Aprobada a nova xestora do PP de Muxía con Sandra Vilela á cabeza.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).