O Parador de Lourido, sen data de remate

Imaxe das obras do Parador de Muxia en novembro do 2015-Foto-Fin Lema

Xa pasaron 5 anos dende que se colocou a primeira pedra do Parador de Lourido, en Muxía. Unha infraestrutura hostaleira, herdada das promesas do Prestige (2003), que estaba prantexada para 2014, despois para o 2015, e que agora xa non ten data de entrega.

Este mes deberían terser reanudado as obras do Parador, paralizadas a finais do 2015, pero parece que a “burrocracia” non está pola labor. Hai cartos (a pesar das precarias situacións de Paradores e Tragsa, as dúas entidades encargadas da obra), e tamén hai gañas por parte da Xunta (o mesmo Feijoo parece convendido de sacalo adiante). Pero un cambio no proxecto obriga á Avogacía do Estado a solicitar que sexa analizado polo Consello de Ministros.

Toca esperar que o asunto chegue a Moncloa un destes venres, con goberno en funcións ou co novo goberno, pero por Muxía dan por perdido o 2016… Cando tocará?

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • La Voz.