Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Parador volve a actualidade cun campo de golf

O Parador volve a actualidade cun campo de golf
Zona-de-Lourido-onde-ira-o-parador-e-o-campo-de-golf.

O pasado verán anunciabamos que as obras do Parador de Muxía empezarán o luns. Eran nunha nova falsa alarma, pois os desmontes seguen estando como estaban a finais de 2011. Ademais, e malia que as últimas promesas apuntaban a que o Parador estaría listo en 2015, o prazo de execución de 3 anos xa o convirte en materialmente imposible.

Pero hoxe volve o Parador de Lourido á actualidade da man dunha nova idea, a do Campo de Golf. Parece que están de moda os campos de golf, unha vez que Cee segue loitando polo proxecto do campo de golf en San Pedro Martir.

Un campo de golf que xa estaba no primeiro proxecto de Penelas pero que fora rexeitado e que parece que volve a formar parte da obra. Un campo que ocupará 10 hectáreas como 10 campos de fútbol na mesma zona virxe de Lourido.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios