Piden a declaración das dunas de Lourido como Espazo Natural de Interese Local


Non sabemos se un Parador e un campo de golf son compatibles coa catalogación de Espazo Natural de Interese Local. Pero esto é o que vén de solicitar o BNG de Muxía sobre complexo dunar e a praia de Lourido.
Consideran que "o complexo dunar de Lourido é un espazo cun importante valor natural, cunha vexetación de grande diversidade, mais tamén moi fráxil, polo que é imprescindíbel a súa protección. Mais, está a sufrir, unha degradación acelerada debido a actividades ilegais que están a aumentar nos últimos anos (presencia de motos, quads, práctica do golf, acampada ilegal, ...) e que poden agravarse coa previsíbel instalación do parador de turismo".
Por todo isto instaron ao pleno a través dunha moción para "Solicitar á Consellaría da Xunta de Galiza competente na materia a declaración do espazo formado pola Praia e o complexo dunar de Lourido como Espazo Protexido de Interese Local (EPIL)".
Pero mentras non se produce a declaración definitiva, poden ao goberno local que "tome as medidas necesarias para evitar os usos ilegais que se están a dar neste espazo (entre outras, a reposición das barreiras que impedían o acceso de vehículos)".
Máis información
- Recunchos da Costa: Praia de Lourido.
Novas relacionadas
- 11-04-13: O Parador volve a actualidade cun campo de golf.
- 26-06-12: As obras do Parador de Muxía empezarán o luns.
- 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015.
- 23-03-12: O BNG de Muxía denuncia as dobles mentiras de PSOE e PP sobre o Parador.
- 16-03-12: PSOE e BNG moven fichas polo Parador.
- 15-03-12: A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador.
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG de Muxía.