Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015


Teremos que agardar ata o final da lexislatura estatal, que non a autonómica como estaba previsto. Pero parece que a Xunta asegura que o Parador de Muxía será unha realidade antes de 2015. Así o confirmaba onte o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda a unha resposta do PSdG en pleno, replicando as verbas do ministro de Industria, José Manuel Soria hai un mes.
O pleno serviu para continuar co enfrontamento político entre PSOE e BNG. Se a socialista Marisol Soneira lamenta que non haia ningunha partida para o Parador nos orzamentos, Rueda afirmaba que "a palabra do presidente da Xunta vale máis que a de todos os gobernantes de 8 anos en Madrid e de 4 do Bipartito", tras criticar que durante 8 anos os gobernos socialistas " non fixeron nada.
Novas relacionadas
- 23-03-12: O BNG de Muxía denuncia as dobles mentiras de PSOE e PP sobre o Parador.
- 16-03-12: PSOE e BNG moven fichas polo Parador.
- 15-03-12: A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador.
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.