Xoves. 18.04.2024
El tiempo

PSOE e BNG moven fichas polo Parador

PSOE e BNG moven fichas polo Parador

Tras algunhas das excusas da parálise do Parador, os grupos da oposición na Xunta de Galicia non cren o "si ou si" de Feijoo e Rajoy e póñense mans á obra con iniciativas legais en todas as cámaras. BNG e PSOE informaron estes xoves e venres de todas as propostas, preguntas, iniciativas... que están a desenvolver a nivel político para fomentar a reactivación do Parador.

Pero antes de repasalos aputamos que o Concello de Muxía convoca a todos os veciños a unha xuntanza informativa este domingo 18 de marzo ás 17:30h no Salón de Actos do Voluntariado. Félix Porto explicará aos veciños a situación de primeira man.

Inciativas do PSOE

O alcalde de Muxía, Félix Porto, ofreceu esta mañá de venres 16 de marzo, unha rolda de prensa para presentar unha batería de iniciativas que o PSOE emprenderá nos ámbitos municipal, provincial, autonómico e estatal para esixir ao Goberno central impulse o proxecto do Parador de Muxía.
E o fixo acompañado pola deputada autonómica, Marisol Soneira, e o deputado no Congreso, Francisco Caamaño, ademais de Amancia Trillo.

E serán iniciativas a nivel autonómico e estatal as que presenten os socialistas instando a que se "siga ca planificación prevista porque reiteramos que a obra xa está adxudicada, que xa comezaron cas catas previas e movementos de terras, que Tragsa xa ten subcontratada varias empresas de subministros, que no caso de paralizar as obras habería que compensalas. Esto xa está empezado e só falta a acta de replanteo", sentenciaba Marisol Soneira antes de presentar as iniciativas.

No Congreso dos Diputados, o PSOE esixe a comparecencia do Ministro de Industria, que tamén solicitou Javier Losada no Senado para que explique "o por que da parálise". Ademais, "no Parlamento Galego pedimos a presencia do Presidente, e dúas proposicións non de lei, nas que "esixe á Xunta que esixe, á súa vez, ao Goberno de España a continuidade da construción do Parador". E continúan "queremos que Feijoo nos conte porque Traga non está preparada cando esta empresa está facendo obras mesmo por España adiante.

Soneira explicou que non sen trata dun asunto loca. "Nós consideramos esto non como un asunto de Muxía, nin só da Costa. É algo de ambito galego e non o vamos abandonar, e a parálise, que non falan de aprazamento, sería unha nova afrenta para a Costa da Morte e para Galicia". En todo caso, un aprazamento suporía un inaceptable retraso de 3 ou 4 anos máis, semellante ao da Autovía, 2 anos máis e 200 millóns máis", apuntaba Soneira.

Sobre o "si ou si" que Rajoy lle prometeu a Feijoo, Soneira é esplícita: "obras son amores e non boas razóns, e non teñen que esperar a outras lexislaturas para cumplir os seus compromisos".

Propostas do BNG

Así mesmo, o xoves foi o BNG o que daba unha rolda de prensa por medio do voceiro comarcal Modesto Fraga e Carlos Aymerich. Ambos presentaron as iniciatvas Cortes do Estado coma no Parlamento de Galiza, en relación co anuncio do Ministro de Industria de paralizar as obras do Parador de Muxía.

O deputado nacionalista Carlos Aymerich falou na súa intervención do incumprimento por parte do Partido Popular dos compromisos adquiridos no famoso "Plan Galicia". Lembrou, así mesmo, que no seu día "os traballos de construción do Parador muxián fóranlle encomendados á empresa Tragsa polo que agora non se entenden os motivos polos que Núñez Feijóo fala de volver licitar esta obra".
Aymerich aproveitou para dar conta da batería de iniciativas que vén de presentar o BNG (preguntas orais e por escrito no Parlamento; proposta dunha proposición non de lei sobre este asunto, etc) co gallo de presionar ao máximo para que o Parador de Muxía sexa unha realidade.

Pola súa banda, Modesto Fraga, lamentou que "a Costa da Morte volva a ser ninguneada e marxinada polas distintas administracións públicas. As declaracións do Ministro de Industria son un insulto, unha provocación e un desprezo ás xentes da Costa da Morte en xeral e de Muxía en particular. Convén lembrar que hai dez anos a nosa comarca sufría a maior catástrofe ecolóxica da súa historia e, unha vez pasado o temporal, todas aquelas promesas de compensar á nosa bisbarra con esta infraestrutura vólvese demostrar que só eran simples fogos de artificio e propaganda. Daquela, o actual presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o mesmo que falaba de "hilillos de plastilina" cando toneladas de petróleo asolaban a nosa costa, exerce agora de antigalego impedindo o desenvolvemento desta trascendental infraestrutura", asegurou.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios