A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador

08:40 15/03/12

Colaboración e non guerra
Porto abríu a rolda asegurando que non quere prantexar unha loita se non que quere "abrir unha liña de colaboración coa Xunta de Galicia. Se onte pola mañá o Ministro aseguraba que non se ía facer, pola tarde no Debate da Nación, Feijoo anunciou que si se faría. Nese sentido mandeille un telegrama a Feijoo esperando unha resposta en positivo, e agardando que na reunión manteña este xoves co presidente do goberno faga de abandeirado da defensa do Parador", sinala Porto. Precisamente Porto tivo palabras para Mariano Rajoy. "O que non se pode entender é que aquel que no 2004 anunciaba como Vicepresidente do Goberno e nunha visita institucional a Muxía a construción do Parador, que sexa esa mesma persoa quen lle diga aos seus veciños que agora non se vai levar a cabo, cando falamos dun investimento positivo e productivo para a Costa da Morte, un proxecto que xenera riqueza e emprego. Ninguén entendería que se paralizara unha cousa tan necesaria para dinamimar o sector turístico da zona". Do mesmo xeito, Porto deixou claro que "non podemos aceptar que o regalo no 10º aniversario do Prestige sexa a paralización das obras dun proxecto comprometido precisamente trala catástrofe". Porto quixo matizar as verbas de Feijoo, nas que afirmaba que o Parador “non estaba adxudicado, estaba encargado a unha empresa pública, Tragsa, cun incremento do 20% do custe”, tras unha asignación “sen licitación, sen concorrencia nin publicidade”. Porto lamenta estas acusacións e sinala que "tan só falta a acta de replanteo, pois só pendentes da adxudicación á empresa semipublica Tragsa. Isto é un procedemento habitual, semellante ao que se viviu coa ITV, autovía ou base de salvamento, polo que non entendo estes apuntamentos". Nese sentido, animou a Feijoo a facelo apuntando que "se alguén se quere poñer medallas e eu non teño problema en mercar 20 medallas e irllas colgar". Porto tivo palabras de agradecemento para os propios veciños de Muxía. "Son os cidadáns de Muxía e da Costa da Morte os únicos que están cumplindo. Son os que están pagando un crédito pola merca dos terreos, son os que están pagando as consecuencias dunha mala xestión. Entrementres o sector empresarial busca "solucións e non culpables", e pide compromiso a goberno e oposición. Ademais, a patronal do sector turístico malia considerar que se trata dunha "mala nova para a Costa da Morte, o sector vai seguir traballando, con ou sen parador".Novas relacionadas
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.
- 15-06-11: O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro.
- 16-05-11: Dous Ministros visitan a zona do Parador.
- 06-05-11: Aprobados 25 millóns de euros para o Parador de Muxía que será unha realidade en 3 anos.
- 15-04-11: O BNG pregunta polo Parador.
- 20-09-10: Presentado oficialmente o Parador de Lourido.
- 25-01-10: As dúas e distintas vitorias sobre o Parador.
- 22-01-10: A Xunta aproveita aproveita a Fitur para anunciar o desbloqueo do Parador.
- 13-12-09: Fin de ano Parado.
- 13-11-09: O Parador terá que esperar.
- 02-11-09: Cruce de responsabilidades en torno ao Parador de Muxía.
- 30-10-09: O PP afirma que o Parador está parado dende Madrid por irregularidades no concurso.
- 09-09-2009: O Parador apelídase Penela.
- 29-04-2008: Sae a concurso o anteproxecto do edificio do Parador de Muxía.
- O recuncho da Costa (LXXII): A praia de Lourido.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).