Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Muxía denuncia as dobles mentiras de PSOE e PP sobre o Parador

O BNG de Muxía denuncia as dobles mentiras de PSOE e PP sobre o Parador

Non fai o Parador máis que xerar polémica. Tralas protestas dos alcaldes da zona e a resposta do PP pola suposta "utilización política" do asunto, hoxe é o BNG o que aporta a súa valoración.

O Bloque Nacionalista Galego muxián quere denunciar, por partida doble "as mentiras do Partido Popular e do PSOE sobre o parador de Muxía", e os considera culpables aos dous tras 8 anos de parálise.

Por unha banda, denuncia que "Nuñez Feijoo, actuando como un simple delegado do goberno central en Galiza, volverá a vendernos o parador nas próximas eleccións".

Pola outra, sinalan que "o PSOE gobernou durante eses anos en Madrid, catro deles de suposta bonanza económica, cando se gastaban os cartos a esgalla en todo tipo de obras. Mais o parador de Muxía sempre aparecía nos orzamentos do estado con cantidades ridículas que case nunca se executaban".
Nesa liña, parécelles "lamentable que, agora, os dirixentes do PSOE da comarca pretendan manipular a lóxica indignación da cidadanía para conseguir votos da xente á que levan tantos anos enganando".

Medidas do BNG

De paso lembran as iniciativas levadas a cabo polo partido, como a pregunta no Congreso executada por Francisco Jorquera en abril de 2011, nas que preguntaba o seguinte: "en outubro de 2010, o alcalde de Muxía, Félix Porto, declarou que as actuacións se iniciarían no primeiro semestre deste ano (2011) cun orzamento de 25 millóns de euros e un prazo de 24 meses (...) dado que as obras aínda non comezaron (...) Vanse iniciar as obras neste ano?". 12 meses despois, "comprobamos que se trataba dunha grande mentira", protestan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muxía.

Comentarios