sábado. 05.07.2025
El tiempo

O pobo muxián xa se viste para o Mercado das Rutas do Mar

O pobo muxián xa se viste para o Mercado das Rutas do Mar
VII Mercado das Rutas do Mar de Muxia

Estes sábado 10 e domingo 11 de agosto, Muxía engalánase de sal, vístese de mariñeiro do século pasado, para celebrar o xa VII Mercado das Rutas do Mar. En plena febre de festas históricas, a da vila da Barca vai collendo sona, e a implicación dos veciños permítenos viaxar no tempo e disfrutar dunha das características máis propias da vila: o mar.

Así, eses dous días ducias de postos de artesanía e gastronomía invadirán a vila. Ademais haberá continuas actividades de teatro na rúa, contacontos, exposicións históricas, música... Este ano teremos máis postos e máis actuacións, destacando as sesións de teatro e música de rúa da man de Os Quinquilláns, Cremallera, Epa Juglares e outros 4 grupos de música tradicional. Unha infinidade de cousas para disfrutar dunha festa singular na que o pobo é o gran portagonista.

Este ano Muxía terá dous pregoeiros de excepción. Estes serán o actor Nancho Novo, coruñés de nacemento pero muxián de corazón, e a poeta Rosalía Fernández, carballesa de nacemento pero tamén muxiá de alma.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios