Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP de Muxía acusa ao alcalde como o responsable da falta de espazo na escola infantil Galiña Azul

O PP de Muxía acusa ao alcalde como o responsable da falta de espazo na escola infantil Galiña Azul
A escola infantil de Muxia esta ubicada nun piso de 63 metros cadrados A escola infantil de Muxía está ubicada nun piso de 63 metros cadrados O tema saltou fai uns días despois de que un grupo de pais e nais dos 20 alumnos e alumnos da escola infantil Galiña Azul de Muxía denunciase as características das instalacións. Segundo indican, a escola está ubicada nun piso de 63 metros cadrados que carece dos servizos necesarios para desenvolver dita actividade. Nunha nota de prensa emitida onte, os membros do Partido Popular de Muxía mostran o seu apoio aos afectados na súas reivindicacións para solicitar un espazo de maiores dimensións. "O grupo municipal do PP de Muxía acusa ao alcalde, Félix Porto, de faltar á verdade cando acusa á Xunta de Galicia de ser a responsable do pouco espazo que existe na escola infantil Galiña Azul", indican os do PP na nota de prensa. Ademais indican que foi o alcalde o que se compremeteu no seu programa electoral a habilitar un local no mercado municipal para este fin. "Unha vez máis, o rexedor fala e promete moitas cousas, pero logo os feitos demostran todo o contrario", apuntan dende o PP local e quen tamén asegura que a Xunta de Galicia non recibiu polo momento ningún documento por parte do concello de Muxía no que se pida o cambio de ubicación do centro. Neste sentido, os populares defenden que o rexedor muxián volve a tratar de "escudarse" noutras administracións para xustificar "a súa falta de palabra e a súa incompetencia" na xestión municipal. Novas relacionadas   Fonte 

Comentarios