O PP de Muxía denuncia o mal estado do paseo marítimo e da zona portuaria
07:40 13/01/17
As farolas do paseo presentan danos
O PP de Muxía - encabezado por Sandra Vilela - denunciou onte o mal estado no que se atopa desde hai meses o paseo marítimo e a zona portuaria do municipio da vila. Os populares acusan ao rexedor - Félix Porto - de permitir o abandono do mobiliario urbano (farois, bancos e papeleiras), así como a falta de mantemento da sinalización e as beirarrúas da zona.
“É un problema que vén de lonxe e que ao alcalde parece non preocuparlle moito”, indica Vilela, quen incidiu en que a súa formación xa puxo sobre a mesa este asunto no pleno celebrado o pasado mes de setembro e onde, unha vez máis, o alcalde “botou balóns fora e dixo que non era competencia municipal”. Nembargantes, desde o Partido Popular de Muxía indican que o concello ten a potestade no mantemento dos espazos urbanizados do porto, coa obriga de facilitar o goce por parte dos veciños.
O PP asegura que o concello é o encargado de reparar os danos
“Non é algo que nos saquemos da manga nós porque si”, asegura Vilela, quen indicou que na propia web do concello de Muxía hai unha noticia sobre o convenio asinado no ano 2008 con Portos de Galicia para que o executivo local se fixera cargo destes traballos. Ante esta situación, desde o PP de Muxía urxen a que o executivo local tome “cartas no asunto” e se poña a traballar para que os veciños non teñan que pagar “o pasotismo municipal” neste asunto.
Novas relacionadas
- O PP de Muxía acusa ao alcalde como o responsable da falta de espazo na escola infantil Galiña Azul
- O PP de Muxía denuncia a falta de axudas económicas para o CEIP de Vilarmide
- Redacción QPC ([email protected])
- Nota de prensa PP de Muxía