Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Cabezudos manteñen viva a auténtica Romaría da Barca

Os Cabezudos manteñen viva a auténtica Romaría da Barca
Os Cabezudos da Barca saíron cos Xaramiños do Corpiño-Foto-Lalo Búa Os Cabezudos da Barca saíron cos Xaramiños do Corpiño-Foto-Lalo Búa ”Molleime máis na Barca que na Festa da Auga de Vilagarcía”, dicían algúns dos asistentes á Romaría da Virxe da Barca de Muxía este ano. Pero a única Festa de Interese Turistico Nacional da Costa da Morte ten máis forza que o vento de nordés. Non tanta como para abalar a Pedra, que tampouco abalou a pesar das obras, polo que a gran protagonista volveu ser a Pedra dos Cadrís, vendo pasar e escoitando os rogos dos seus fregueses. Imaxes da misa aberta e a procesion da Romaria da Virxe da Barca 2015-Fotos-Emi Sambad Centos de romeiros ateigaron Muxía durante toda a fin de semana, con especial incidencia na misa do mediodía do domingo. Repectou a chuvia e romeiros de todas partes da península achegáronse para ver a primeira misa ao aire libre. É o momento máis auténtico da festa, onde se puido comprobar que a xente non coñece a verdadeira dimensión desta festa. De aí, toca procesión por toda a vila, para rematar na zona do porto a golpe de gran traca de bombas de palenque, un completo espectáculo do ruído. E se falamos de romeiros fieis, temos que falar dos Cabezudos, que un ano máis volveron sair de pasarrúas, mantendo vivo o verdadeiro espírito, nestes tempos onde o “botellón” invade todo. “>Sabes que a Romaría estase perdendo, hai cousas que non se conservan xa, coma o tradicional baile que se facía no Cruceiro xunto ao Santuario, sempre ca Banda de Música, por iso creo que nos gustan tanto aos muxiáns, porque son do pouco que resiste da romaría como era antes”, reflexiona Viki Rivadulla. Estrella Paz e Viki Rivadulla restaurando os Cabezudos da Barca 2015   Os Cabezudos da Barca de Muxia nos anos 70-Foto-Proxecto Buserana Viki e máis Estrella Paz estiveron restaurándoos toda esta semana, e puideron saír acompañados polos Xaramiños do Corpiño, como o fan, só pola Barca, dende os anos 30, levando moita xente a recordar a súa infancia. Cóntanos Viki que mesmo antes había xigantes, pero agora só quedan Cabezudos. Son tradicionalmente os mozos (algunha vez ten saído algunha moza tamén) os que manteñen vivos os Cabezudos, pero custa erguerse despos da troula da noite anterior. Moitos rapaces xa empalman a festa nocturna co pasarrúas matutino, visitando as casas. Fermosa é a estampa de ver como a xente lles tira moedas dende as ventás e estes os recollen coas máscaras, e ala, uns cartiños no peto para as copas.

Outras estampas da Barca

A Virxe da Barca de procesion-Foto-Barca Caamano   Jorge Mira facendose un selfie foi o Pregoeiro da Barca 2015 Romeiros aproveitan un anaco de Pedra rota como banco-Xan Fernandez   Mais de 60 Voluntarios de Proteccion Civil coidaron da Barca  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios