domingo. 04.05.2025
El tiempo

Os peques da Escola sen libros tamén queren ler

Os peques da Escola sen libros tamén queren ler
Os peques do CEIP Muíños vólcanse cos libros

Non paran os pequenos dos Muíños. O pasado domingo os viamos recitando a Rosalía en plena Virxe da Barca e hoxe nos presentan o seu novo Clube de Lectura "Queremos ler". E que a iniciativa parta dun grupo de alumnas da escola máis tecnolóxica da zona, ten mérito.

"Queremos ler", como nos contan dende o blog do Niño da Curuxa, é o nome que escolleron os propios alumnos e alumnas do centro para definir o seu grupo, e seguramente é o máis acertado, porque o primeiro que presentaron foi unha lista de reivindicacións na que se pedían libros, libros e libros.

A propia responsable da Biblioteca, Susana Seoane Dovigo, explícanos que se ben o centro aínda non ten asignado un orzamento específico para o clube de lectura (como existe nos centros de secundaria), pero valora a ilusión dos seus pequenos. De feito, o ano pasado puxeron funcionamento do clube das mamás "Lemos no niño", que levou á creación de "A chispa da lectura" (con alumnado do segundo ciclo de primaria) no curso pasado, e que no presente serve de xérmolo para clube dos máis pequenos.

As pequenas dos Muíños lendo e lendo no novo Clube de Lectura

Cómpre destacar a gran labor da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. "Os Muíños", que funciona ininterrumpidamente desde a creación do centro, e gañou un novo impulso nos últimos dez anos, obtendo no ano 2010 o 3º "Premio Nacional ás Boas Prácticas na Biblioteca Escolar", concedido polo MEC aos centros que, dun xeito coordinado, e coa colaboración de todos os membros da comunicade educativa, consiguen melloras notables na súa biblioteca.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios