sábado. 03.05.2025
El tiempo

Os peques muxiáns crearon as súas propias Naturezas Vivas de Maruxa Mallo

Os peques muxiáns crearon as súas propias Naturezas Vivas de Maruxa Mallo
A Biblioteca de Muxia celebrou o Dia das Artes con Maruja Mallo

Aprenderon, debuxaron, crearon, falaron de arte… os obradoiros da Biblioteca de Muxía que artella Viki Rivadulla son tremendamente completos. O desta pasada fin de semana, que sería para conmemorar o Día das Artes Galegas, xirou en torno á figura da transgresora pintora Maruja Mallo.

Os nenos e nenas que participaron traballaron sobre s Naturezas Vivas de Maruxa Mallo e crearon elas e eles a súa propia Natureza Viva. Ademais, tomaron contacto con outras pintoras, coñeceron ás" sinsombreiro", e tamén comprobaron a cantidade de libros de pintura que non traen nin unha soa referencia feminina.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios