O Parador de Muxía abrirá 10 meses
Non puido estar, por un problema no enlace do seu voo por culpa do temporal, a presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, no Encontro de Turismo da Costa da Morte. Pero a nova xa foi lanzada pola entidade: O Parador de Muxía abrirá 10 meses ao ano a partir de xa. Isto é suma un mes máis na súa axenda, provocando que os seus 35 traballadores pasarán de fixos discontinuos a ter contratos fixos.
Foi precisamente no marco do Encontro do ano pasado cando o sector lle solicitaba a Sánchez a apertura do parador durante todo o ano. Foi xa en xaneiro deste 2025, en FITUR, cando a propia presidenta se amosaba disposta a negocialo.
Finalmente non será todo o ano, serán 10 meses (do 1 de marzo ao 1 de xaneiro), pero o impacto que pode ter no sector nese mes de marzo como foco de atracción, e o impacto laboral (no marco dunha mobilización sindical a nivel estatal, pode ser moi positiva.
Máis novas


