Luns. 29.04.2024
El tiempo

Piden a limpeza de diferentes puntos do Concello de Muxía

microplasticos_praia_nemiña
As bolsas das recollidas de microplásticosseguen ciscadas na entrada da praia de Nemiña
Piden a limpeza de diferentes puntos do Concello de Muxía

O BNG de Muxía envía un novo escrito no que denuncia o "calamitoso estado do punto limpo e o abandono de lugares senlleiros do concello como os accesos ao Faro de Touriñán ou as praias de Nemiña, Muiños e o Lago".

O grupo, coa premura da Semana Santa, entende que "lugares senlleiros, que deberían ser un reclamo turístico non poden dar, polo estado de abandono en que están, unha imaxe penosa do noso concello: lixo sen recoller nas beiras da estrada ao faro de Touriñán, residuos de pellets e microplásticos apañados en xaneiro e que continúan depositados no acceso á praia de Nemiña, mobiliario deportivo arruinado, oxidado e arrombado na praia de Muiños que constitúe un perigo para os usuarios; papeleiras a rebosar de lixo e sen recoller desde o verán pasado nas praias de Nemiña, Lago e Muiños; cetáceos mortos sen retirar durante tanto tempo que atufan o Coído e a praia de Lourido..."

Contorna do Punto Limpo

solar_punto_limpo-Muxia


O caso do Punto Limpo de Muxía é especial. "Está nun estado calamitoso e constitúe un verdadeiro atentado ecolóxico. Isto xa fora denunciado polo BNG: denunciamos que ben parece un vertedoiro de lixo xa que se están a depositar alí, sen control, todo tipo de obxectos –pneumáticos, electrodomésticos, restos de plásticos de ensilar e mesmo escombros de obra- convertendo o lugar nun foco de infección insalubre e nunha fonte de contaminación. Hai tempo que esta instalación, auténtico vertedoiro, afecta á veciñanza, aos terreos circundantes e posiblemente aos acuíferos, polo filtrado de substancias como os líquidos de electrodomésticos que podrecen á intemperie", denuncian dende o BNG ao tempo que pide actuacións urxentes, "máxime cando se dispón desde 2023 dunha partida de máis de 40.000 € do POS con ese obxecto".

neumaticos_entorno_puntolimpo-Muxia

Comentarios