Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Muxía critica o estado de “total abandono” do punto limpo

FOTO PUNTO LIMPIO Muxia
O PP de Muxía critica o estado de “total abandono” do punto limpo

“Nunca vimos o punto limpo como está na actualidade. A sensación é que ninguén se preocupa nin do que se está depositando alí, nin a maneira na que se está facendo”. Así lanza a voceira do PP, outra crítica ao goberno do socialista Iago Toba. Sandra Vilela critica o “total abandono” no que se atopa o punto limpo do municipio, e “esixe ao executivo local que tome cartas no asunto e, en primeiro lugar, leve a cabo unha profunda limpeza da zona e, posteriormente, se responsabilice do control do punto limpo para que non se repitan a situación actual”.

Descibe que “na zona acumúlanse residuos de todo tipo, esparexidos sen ningún tipo de orde e sen ningún tipo de control o que provocou, unha situación de moi preocupante pola falta mesmo de salubridade.”. A popular asegurou que “a situación é aínda máis grave tendo en conta que o punto limpo atópase moi próximo colexio de primaria Os Muíños, o que, ao seu xuízo, pode provocar que os máis pequenos véxanse afectados polo “descontrol” que existe no depósito de residuos na zona”.

Comentarios