Propoñen becas específicas para as deportistas destacadas de Muxía
- O grupo popular propón realizar un evento cunha serie de deportistas locais para que compartan as súas vivenzas coa veciñanza e sirvan de espello ás máis pequenas.
- O grupo tamén pregunta polas melloras no campo de Arliña
A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela vén de anunciar que levarán un rogo ao pleno para que se conmemore o día internacional do deporte que será o próximo 6 abril.
“Aos populares o deporte e así o vimos demostrando parécenos fundamental. Cremos que debemos promocionalo e fomentalo especialmente entre a xente moza do noso concello", sinala Vilela.
Así, por un lado porpoñen a "creación dunhas becas deportivas para axudar a estes mozos a que continúen coas súas carreiras e sexan coñecedores do orgullosos que fannos sentir. Cremos que dende a administración temos que axudalos e non pode limitarse o apoio a unha referencia en redes sociais. Hai que ir máis aló”
Ademais, dan a idea de organizar unha actividade para ese día 6 de abril na que se poña en valor aos deportistas muxiáns que destacan nos seus distintos ámbitos deportivos como Lucía Pazos, recentemente 7ª no campeonato de Judo de España; Samuel Méndez, bronce no Campionato de Taekwondo Senior; Claudia Otero, subcampeona de España na súa categoría de fútbol coa selección galega, entre outros como Barca Toba, Patri Romaní, Raúl Lema e moitos máis” explica a portavoz dos populares muxiáns.
"Parécenos máis que merecido esa homenaxe aos nosos deportistas alén de que cremos moi interesante que conten as súas propias vivenzas que podan servirlle a outros rapaces como inspiración e alento", sinala.
O CAMPO DA ARLIÑA
Así mesmo, de novo no apartado de rogos e preguntas, os populares preguntarán polas medidas que se van a adoptar de cara á rehabilitación dos vestiarios do campo da Arliña.
Recordan que o goberno local votou a favor de incluir o arranxo do campo no POS e logo, a realidade foi que nin sequera redactou o proxecto. “Nese pleno vaisenos a propor gastar máis de 1 millón de euros dos aforros dos muxiáns e ,sen embargo, non se lle ocurrio ao goberno incluir, polo menos, a mellora dos vestiarios o cal nos parece fundamental facelo xa para que poidan estar listos de cara á temporada do ano que vén” remata a portavoz que agarda téñanse en conta as propostas do seu grupo