Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O PP muxián critica o traspaso dos seguros municipais a un banco

Casa do Concello de Muxia
O PP muxián critica o traspaso dos seguros municipais a un banco

O goberno do Concello de Muxía vén de tomar decisións na xestión da carteira de seguros municipais. Concretamente puxo en mans dunha entidade bancaria a carteira de seguros municipais. Unha decisión que “deixa sen unha importante parte do seu negocio aos axentes, corredores e mediadores que traballan no municipio”, segundo denuncia a voceira do PP, Sandra Vilela.

“O cambio é, de xeito evidente, incompresible desde todos os puntos de vista, tanto o profesional como, e tal vez máis importante, o económico”, subliñou Vilela. Asegura que unha entidade bancaria “nunca ofrecerá un servizo tan próximo como o que brinda un corredor ou un axente” e, por outra banda a decisión adoptada “non é a mellor maneira de apoiar ao comercio local”.

Por todo isto, o grupo levará ao pleno municipal, que se celebrará o próximo mes de marzo, a súa queixa.

Comentarios