Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Primeiras presentacións do libro de Héctor Pose "O Atlas da Costa da Morte"

  • A Asociación Camiño dos Faros convírtese en editora.
Atlas Sensoeial da Costa da Morte
Primeiras presentacións do libro de Héctor Pose "O Atlas da Costa da Morte"

Ve a luz o o "Atlas Sensorial dunha Costa da Morte”. O libro realizado por Héctor Pose (escritor e profesor universitario de Malpica) e Txema García Paredes (xornalista do País Vasco) será presentado, da man da Asociación O Camiño dos Faros, que se convirte por primeira vez en editora, en Muxía e en Carballo. 

Concretamente, a entidade presentará o libro o venres 16 de agosto, ás 20.00h no Parador Costa da Morte, en Muxía; e o o sábado 17 de agosto, ás 20.00h no Casino de Carballo.

O libro realiza unha viaxe por “un territorio emocional abeirado a un mar de salitre, suor e bágoas. Cunha orografía agreste, onde a terra adentra no océano. Uns areais nos que as mareas debuxan isóbaras e uns cantís que son un seguro de vida ou un fatal destino”.

A través das máis de 200 páxinas o lector atopará non só a beleza e misticismo do territorio que vai dende Caión ata Carnota e as súas paisaxes espectaculares, senón tamén unha visión sinceira da súa paisanaxe e da súa historia senlleira.

O libro conta coa colaboración de persoas coma o fotógrafo Xulio Barreiro, Manuel Pérez Rúa, Mario Fernández Filloy, Ana Ruiz, Mari Lista e Sol Mariño entre outros e supón “un convite a andar sen présa, a enrolarse nesta travesía dos sentidos”. Esta primeira edición está en galego, con traducción ao castelán.

Xa á venda

O libro xa se atopa a venda tamén noutros puntos da Costa da Morte, como son a librería Clarión en Carballo, librería Miguens en Malpica, e noutros espazos nos que habitualmente é posible atopar produtos da asociación: Hotel Playa de Laxe, Hotel Playa de Camariñas e Km0 Fisterra. Na Coruña é posible facerse cun exemplar na librería Formatos.

Máis novas

Comentarios