![Foto de Rebeca Dominguez Ganadora do Concurso Muxia Ornitoloxica]()
Foto de Rebeca Domínguez Gañadora do Concurso Muxía Ornitolóxica
Rebeca Domínguez, coa imaxe A Medina, en
Cabo Turiñán, foi a ganadora do concurso fotográfico
Muxía desde o alto, convocado pola asociación Muxía Turismo Rural, dentro do
proxecto Muxía rural, destino ornitolóxico. A deliberación do xurado tivo lugar no salón de actos do Hostel Monasterio de Moraime, estando composto polo presidente da entidade, Jesús Trillo; o vicepresidente, Jesús Manuel Lema, e a secretaria, María do Carmen Leis. O tesoureiro, Francisco Canabal non puido asistir por atoparse de viaxe. De asesor técnico exerceu o coñecido fotógrafo muxián Xesús Búa, que foi quen decidiu a selección das imaxes premiadas.
O segundo posto foi para
Lita Suárez, con Porto de Muxía ó amencer. A terceira praza ocupouna
Alba Gorgoso, coa foto Praia de Nemiña. De cuarto quedou o noso colaborador
Rafa Quintáns, con Desde Merexo; o quinto premio recaeu en
Adrián Salgado, coa imaxe Gaivotas na praia de Nemiña, mentres que o sexto e último premio foi de novo para
Rafa Quintás, con Posta de sol desde A Barca-Muxía.
Os premios consisten nunha estancia dun fin de semana para dúas persoas en cada un dos establecementos asociados e participantes no proxecto, con aloxamento almorzos e ceas incluídos.
O
proxecto Muxía Rural, destino ornitolóxico, que inclúe tamén unha escapada ornitolóxica, pretende poñer en valor a gran riqueza do paso de aves migratorias polo litoral muxián, que, xunto con Bares, é, segundo os expertos una das zonas máis importantes de Galicia, principalmente, as áreas da praia de Nemiña e o Cabo Touriñán. A iniciativa foi presentada no seu día na Casa de Galicia en Madrid e divulgada en Fitur.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/malpica-convertiuse-na-capital-ornitoloxica-nacional-homenaxeando-a-francisco-bernis/
https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-muxia-turismo-rural-presenta-na-casa-de-galicia-muxia-rural-destino-ornitoloxico/