Retiran unha árbore que caeu sobre a estrada en Vilarmide
10:16 30/08/18
Os Bombeiros de Cee retiraron onte á noite unha árbore caída sobre a estrada que conecta Cee con Muxía - DP 2303 - ao seu paso por Vilarmide.
Pouco despois das 22:40 horas recibían a chamada de alerta e a intervención rematou ás 23:08 horas. O incidente non produciu danos maiores.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee