Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Roteiros pola Costa por Semana Santa da man do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Cartel rutas Muxia Camarinas Vimianzo
Roteiros pola Costa por Semana Santa da man do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Os alumn@s-traballador@s do Obradoiro dual de emprego “Camiño ao emprego”, vén de lanzar catro rutas pensando en atraer ao turista galego en Semana Santa. Os Concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo ofrecerán esta experiencia turística nos respectivos municipios.

Os eventos comezarán o día luns 29 de marzo cunha ruta pola vila de Camariñas chamada “A muller, o encaixe e o mar” que pretende poñer en valor a figura das mulleres na vila mariñeira. A hora de saída será as 11:00 horas da mañá xunto á estatua da muller e terá unha duración aproximada dunha hora e media.

O martes 30 toca visita guiada polo castelo de Vimianzo para coñecer a historia do seu concello e da fortaleza medieval. O punto de encontro terá lugar na entrada do Castelo ás 11:00 horas da mañá e durará sobre corenta minutos.

O mércores 31 de marzo complétase a oferta con dúas visitas pola vila de Muxía. Ás 11:00 horas da mañá poderemos asistir á ruta “Coído, zona cero” para coñecer a realidade do Prestige e visitar o Museo do Voluntariado. Cunha duración duns corenta minutos aproximadamente terá como punto de partida a praza do Coído.
E xa ás 12 da mañá, ofrecerase un agradable paseo pola costa muxiana co roteiro “Vila de salitre” que amosará a cultura mariñeira deste lugar onde se unen realidade e misterio.

Inscrición

As visitas guiadas terán un aforo limitado a catro persoas por mor das restricións sanitarias polo que será necesario anotarse previamente por vía telemática, indicando nome e teléfono de contacto, ao seguinte correo electrónico: [email protected].

ADXUNTAMOS CARTEL

Comentarios