Sábado. 04.12.2021
El tiempo

San Clemente, Tella e Muxía ofrécennos verbenas esta fin de semana

San Clemente, Tella e Muxía ofrécennos verbenas esta fin de semana
Xa pasou a fin de semana do Apóstolo pero visto está que no que ás festas se refire, isto non fixo máis que comezar. Botámoslle un ollo ás festas que nos constan. Se algunha se nos escapa, non hai máis que dirixirse a [email protected] En San Clemente Na parroquia de San Clemente, no concello de Zas, celebran a partir de mañá venres as súas festas. Comezan, como dicimos mañá, cunha verbena co grupo Océano e a orquestra Panorama. O sábado haberá sesión vermú coa orquestra Bolero e verbena con Bolero e outro grupo. E xa o domingo, haberá dianas e alboradas pola mañá, misa ás 13:30, e de seguido sesión vermú. Tamén contarán con verbena. Ambas citas musicais estarán amenizadas por unha gran orquestra. En Tella A parroquia de Tella, en Ponteceso, celebra esta fin de semana unhas festas na honra ao Sacramento. Comezan este sábado 30, con pasarrúas pola mañá e misa ás 13:00h. Da música encargarase a orquestra Los Embajadores na sesión vermú, que estará acompañada do grupo D’Moda na verbena. Xa o domingo, iniciarán o día con pasarrúas a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso. Misa ás 13:00h. Sesión vermú coa orquestra Nevada, que estará acompañada doutra orquestra na sesión nocturna. En Muxía Tamén hai festas na vila de Muxía. Queda aínda moito para a Barca, pero esta fin de semana póñense co Carme. Comezan este sábado, 30 de xullo, con pasarrúas pola mañá e sesión vermú coa orquestra Alianza. Xa pola noite tocarán Alianza e Ría de Arosa. O domingo 31 abrirán o día con pasarrúas. Haberá misa no porto ás 13:00h. Logo da misa celebrarase unha procesión marítima. Sesión vermú coa orquestra Acordes e verbena con Acordes e o trío PK2. Nas vindeiras horas botaremos un ollo ás celebracións na honra a San Fins na nosa zona.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Fonte

comentarios