luns. 12.05.2025
El tiempo

San Martiño de Ozón abre as portas ao Papa, e á Semana Santa

San Martiño de Ozón abre as portas ao Papa, e á Semana Santa
Semana-Santa-completa-no-Albergue-Aurora-de-los-Caminos

Despois de moito pelexar polo Vaticano adiante, en plena efervescencia coa elección do Papa, as bravas da Cooperativa Aurora de los Camiños conseguían enviar unha cara á á Oficina de Gobertato para solicitar apoio eclesiástico para continuar a rehabilitación do Mosteiro de San Martiño de Ozón. I é que a Cooperativa vén de facer do Mosteiro o seu centro de actividades e albergue, revivindo así un lugar con tanta historia.

E mentres seguen esperando pola cita da Deputación, o que queren é trasladarlle a veciñanza que o Mosteiro está aberto, que está a organizar unha morea de actividades de libre acceso para o desenvolvemento cultural da zona.

Así, teñen en marcha unha ponte de Semana Santa completa de cousas. Por exemplo, o xoves santo, día 28, toca día enerxético, con varios talleres de permacultura, chikung…. e comida sana. Para o venres haí Día Galego, con xogos populares e bo xantar. Para o sábado toca Día Medieval e para o Domingo, volven os Diálogos de San Martiño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redeacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios