Domingo. 15.09.2024
El tiempo

San Martiño de Ozón viaxa ata a Gallaecia Altomedieval

San Martiño de Ozón viaxa ata a Gallaecia Altomedieval
Aurora de Los Caminos prepara Ozón para ir á Gallaecia Altomedieval

Abrirán de novo as máxicas portas medieviais do Mosterio de San Martiño de Ozón. A Cooperativa Aurora de Los Caminos e o grupo de recreación Ultreia, xa están preparando as sesións que os 5, 6 e 7 de setembro nos levarán ata a Gallaecia Altomedieval.

Será unha fermosa fin de semana de recreación, peo antes, hai que ir preparandose, e para iso, están armando uns talleres de preparación, para proporcionar algunhas ferramentas básicas para que elabores un personaxe do que poder facer gala no evento piloto no Monasterio de San Martiño de Ozón (ou en calquera outro evento de recreación histórica dos séculos IX ao XI).

A inauguración destes talleres será o venres 15 de agosto: ás 17 horas: merienda e charla de contextualización histórica. Os talleres, con inscripción previa, comezarán nestas datas e finalizarán o día 4, antes da recreación:
- Costura histórica: comeza o sábado 16 e o domingo 17 de agosto.
- Bordados e telar de tablillas: nas datas 22, 23 e 24 de agosto.
- Coiro: empeza os días 29, 30 e 31 de agosto.

Para prezos e máis información podes consultar a www.auroradeloscaminos.org.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios