Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba sobe ao Camiño Santiago-Muxía por Brandomil

Santa Comba sobe ao Camiño Santiago-Muxía por Brandomil
Camino de Santiago a Muxia por Brandomil

Seguen colleitando apoios as 7 asociacións culturais e veciñais que están a promover o “Camiño primitivo” que une Santiago ata Muxía, pasando pola histórica Ponte Romana de Brandomil. Desta volta é o Concello de Santa Comba o que se une a esta iniciativa supramunicipal, xunto coas entidades sociais e os Concellos da Baña, Mazaricos, Zas, Vimianzo e Muxía.

Contan xa cun completo informe para ditar de rigor histórico a este camiño post- xacobeo cara a Costa da Morte, que atravesa na súa segunda etapa o concello de Santa Comba, pasando polas parroquias xalleiras de Fontecada e A Pereira.

Despois de aprobar en 2017 a súa adhesión a esta proposta, abre agora o Concello de Santa Comba un ciclo de 4 andainas que comezarán o domingo 20 de Maio, e continuará o 27 do mesmo mes, e o 3 e 10 de xuño.
O concello de Santa Comba facilitará ós xalleiros e xalleiras participantes nas etapas o transporte para a saída e chegada de cada unha delas. Ó rematar este ciclo en Muxía, tódolos xalleiros que o desexen, poderán culminar o Camiño en Fisterra, tendo a posibilidade de disfrutar do espectacular epílogo en forma de etapa entre a Vila da Barca e a do Cristo.

As inscricións en Santa Comba xestionaranse no Departamento de Deportes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios