Santa Comba sobe ao Camiño Santiago-Muxía por Brandomil


Seguen colleitando apoios as 7 asociacións culturais e veciñais que están a promover o “Camiño primitivo” que une Santiago ata Muxía, pasando pola histórica Ponte Romana de Brandomil. Desta volta é o Concello de Santa Comba o que se une a esta iniciativa supramunicipal, xunto coas entidades sociais e os Concellos da Baña, Mazaricos, Zas, Vimianzo e Muxía.
Contan xa cun completo informe para ditar de rigor histórico a este camiño post- xacobeo cara a Costa da Morte, que atravesa na súa segunda etapa o concello de Santa Comba, pasando polas parroquias xalleiras de Fontecada e A Pereira.
Despois de aprobar en 2017 a súa adhesión a esta proposta, abre agora o Concello de Santa Comba un ciclo de 4 andainas que comezarán o domingo 20 de Maio, e continuará o 27 do mesmo mes, e o 3 e 10 de xuño.
O concello de Santa Comba facilitará ós xalleiros e xalleiras participantes nas etapas o transporte para a saída e chegada de cada unha delas. Ó rematar este ciclo en Muxía, tódolos xalleiros que o desexen, poderán culminar o Camiño en Fisterra, tendo a posibilidade de disfrutar do espectacular epílogo en forma de etapa entre a Vila da Barca e a do Cristo.
As inscricións en Santa Comba xestionaranse no Departamento de Deportes.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Brandomil inclúese dentro do Camiño de Santiago a Muxía cun informe que avala o seu paso.
- Maio 17: Estreada a Muxiana do Camiño por Brandomil
- Maio 17: Brandomil fai camiño por Mazaricos.
- Abril 2017: Os plenos de Vimianzo e Santa Comba apoian o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil.
- Setembro 2016: O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- Outubro 16: Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)