Os secadoiros de congro de Muxía chegarán ao Parlamento
Saltaba a semana pasada a alarma en Muxía por un susposto informe de Sanidade que podería provocar o peche dos secadoiros de congros artesanais da vila da Barca. Sanidade presentaría unua proposta de sanción tras ser obxecto dunha inspección, que provocou que a última partida quedase inmobilizada.
Unha situación moi estrana, que pon en perigo unha das imaxes máis icónicas da Costa da Morte, apenas uns meses despois de que a propia Xunta participase nun showcooking xusto embaixo do secadoiro.
En calquera caso, xa comezaron as iniciativas para salvar esta práctica centenaria. É o BNG o que move ficha asegurando que levará o asunto ao Parlamento de Galicia. O deputado carballés Daniel Pérez mantivo unha reunión esta fin de semana coa familia propietaria, da man de Miguel Diz e o seu avó, deste o último secadoiro artesanal que se conserva no país, e que supón un dos últimos vestixios dun oficio senlleiro que se remonta á Idade Media.
Pérez pedirá a súa protección no Parlamento solicitando ademais que se recoñeza, máis aló do seu interese turístico, culinario e económico, como parte do noso patrimonio cultural inmaterial.