O roteiro do congro
22:58 15/01/12
Esta semana terá lugar en Madrid un dos eventos turísticos de maior recoñecemento en España: Fitur, a Feira Internacional de Turismo. Como é habitual a Costa da Morte contará cun espazo para promocionarse da man da Asociación Neria. Nesta ocasión darase a coñecer unha actividade única e que se realiza en Muxía: o proceso do secado do congro.
Este é o único lugar de España e incluso de Europa onde se continúa secando o congro de maneira artesanal e ambientalmente sostible. Despois de limpar o peixe e de facerlle uns cortes, cólgase durante quince días nas cabrias para que o sol e o forte vento do Atlántico seque este manxar moi apreciado polos habitantes dalgúns pobos aragoneses e cataláns – lugares a onde se destina unha boa parte da produción -. Unha vez que o peixe estea o suficientemente seco envásase e logo comercialízase.
Esta estrutura de madeira é un elemento arquitectónico único que encaixa á perfección na paisaxe etnográfica de Muxía. Están situados no camiño que vai dende o porto muxián ata o concorrido santuario da Virxe da Barca.
O secado do congro faise baixo demanda e a actividade ten lugar principalmente na primavera. Ao ano sécanse entre sete e dez mil quilos desta especie. Está é unha actividade que ten un escaso impacto sobre o medio e que se leva facendo dende os séculos XV e XVI como unha práctica habitual para a conservación do produto e asegurar así a súa dispoñibilidade para o autoabastecemento durante todo o ano. Hoxe en día o secado do congro non só ten esta función, se non que tamén é unha alternativa comercial para o amplo mercado no que estamos inmersos.
Unha visita obrigada.
- Lorena Martínez Canosa ([email protected]).
Novas relacionadas
- Os secadoiros de congro chegarán á Fitur.
- A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar .
- Recunchos da Costa: O secadoiro de congrios de Muxía.
Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde
- A dieta da… carne.
- As cifras do Prestige.
- O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?.
- Como auga de outubro.
- Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
- A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).