sábado. 09.11.2024
El tiempo

Cociñando congro de vangarda

Congro de vangarda ecocina muxia
Cociñando congro de vangarda

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Muxía un evento singular. A iniciativa “Écociña non Camiño” escolleu o secadoiro de congro de Os Cascóns para realizar un showcooking pensado para achegar novas receitas á hostalería muxiá, desde unha perspectiva de sostenibilidad e calidade gastronómica, cun forte compromiso co clima.

O acto, ao que asistiron autoridades, blogueiros gastronómicos e produtores locais, ofreceu unha presentación técnica do proxecto, unha mostra en directo de cociña Km.0 e unha cata do aceite Colleita Propia, de Aceites Abril.
Paula Martínez e Lolo Mosteiro, da Artesa da Moza Crecha e Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa, foron os encargados de dar exemplo cunha mostra de cociña de proximidade. Concretamente, os asistentes puideron seguir a preparación e degustar un prato de “Mexillón de Lorbé con escabeche verde de algas e Branco Lexítimo” e “Congrio braseado con puré de apionabo e caldo de congrio seco”. Un prato que servi para explicar o proceso artesanal do secado do congro, e que podería servir para aproveitar un produto tan típico da vila da Barca que normalmente só se “exporta”.

Ecocina secadoiros congro muxia

Comentarios