Xoves. 27.02.2020
El tiempo

Tardan case tres horas en atopar e excarcerar un home que caía por un terraplén

Tardan case tres horas en atopar e excarcerar un home que caía por un terraplén

Era a madrugada do sábado ao domingo, arredor das 2:30h, cando un coche sufría unha saída de vía na estrada DP 5201, a que une Martineto e Figueiroa, moi preto do lugar de Figueiroa. O coche caía por un terraplén quedando atrapado o condutor e único ocupante. Un familiar alertaba do sucedido, explicando que ademais non atopaba o vehículo entre a néboa a choiva que había na zona neses intres.

Membros de Protección Civil, Garda Civil, 061 e os Bombeiros de Cee comezaban o dispostivio de busca, e tardaban dúas horas e media en atopalo. Unha vez descuberto o vehículo tiveron que excarlalo. O home, duns 70 anos, estivo consciente pero desorientado, foi trasladado arredor das 5:30h ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

comentarios