As traballadoras do SAF continúan a súa loita con manifestacións en Santiago e Muxía

Concentración das traballadoras SAF ás portas do Concello de Muxía
  • Esta semana toca concentrarse de novo en Carballo e Vimianzo.
Comeza a segunda semana de folga das traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar de todo o país. E as bravas traballadoras continúan espallando as protestas, da man da CIG, por toda a nosa comarca. Se a semana pasada estiveron manifestándose polos Concellos de Bergantiños e mesmo por Vimianzo, esta semana a protesta se desprazaba ata Muxía

Alí se concentraron ás portas do Concello protestando ante a inacción do mesmo Concello que non move ficha para que a empresa adxudicataria pague en hore a asuma a subida obrigada por convenio, e para reivindicar o resto de medidas que esixen as protagonistas deste sector feminizado e precarizado que se viron vendidas polos sindicatos de UGT e CCOO.

Imaxes da concentración deste domingo en Compostela. Arriba á dereita parte da delegación costeira

As traballadoras continúan o seu calendario de mobilizacións, e este domingo protagonizaron unha gran manifestación en Compostela. Perto de 1.500 traballadoras de toda Galicia achegáronse para ratificar a “folga da dignidade” e esixirlle ás empresas que apliquen de inmediato a suba salarial do 6,5%, correspondente ao IPC real de 2021, en cumprimento do que estabelece o convenio colectivo vixente. Un convenio obsoleto dende hai 10 anos, pero que debe cumplirse ata que se chegue a outro acordo.

O martes 8 e o xoves 10 volverán concentrarse ás portas do Concello de Carballo, ás 12:00h; o mércores toca Vimianzo (ás 13:00h).

Novas do conflito do SAF