As traballadoras do SAF en folga concéntranse polos concellos de Bergantiños
Arrincou a folga indefinida das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar en Galicia e tamén na Costa da Morte. E o fixo cun 70-80% de seguemento a pesar dos “servizos mínimos abusivos” impostos en varios concellos, habendo algún no que mesmo no que tivo que traballar o 100% do plantel.
Así foi a concentración das traballadoras do SAF en folga polos Concellos de Malpica, Cabana e Ponteceso. Hoxe maniféstanse en Carballo por un convenio digno.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) November 3, 2022
A info aquí: https://t.co/xJoTJGGlFD pic.twitter.com/2C2mc9yt06
Así o denuncian as propias traballadoras tras unha primeira xornada de mobilizacións convocadas pola CIG. Con pancartas de “Por un convenio digno no SAF. Folga indefinida” e camisolas de “Vendidas pero non rendidas” (en alusión ao preacordo asinado por UGT e CCOO que apenas marca un 1% de suba salarial nos vindeiros 4 anos a pesar da forte inflación) concentráronse ás portas dos Concellos de Malpica, Cabana e Ponteceso despois de pasar pola praza de María Pita, diante do Concello da Coruña.
Hoxe xoves ás 11:00h, concentraranse na Praza do Concello de Carballo.
“Este sector feminizado, precarizado e habitualmente calado, xa non vai ficar en silencio. Estamos unidas e non van poder con nós”, aseguran as propostas traballadoras que lembran que realizan un servizo público esencial que non debería estar externalizado.