Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos

traballadoras do SAF en loita
As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos

O que fan as traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar é un dos traballos máis importantes da sociedade: “Coidar da vida”. Poucas cousas deberían estar tan valoradas como estas, porén é un dos traballos máis precarizados da nosa sociedade. Traballos mal pagados, habitualmente a tempo parcial e cunha falta de recoñecemento profesional e social evidente.

Así o sofren as actuais traballadoras do SAF que vén como nin os sindicatos velan por elas. Despois de levar cun convenio obsoleto dende 2011, e tras un ano de negociacións, as traballadores viron como “os sindicatos CCOO e UGT vendéronnos asinando un convenio coa patronal que só pensa no capital” (a CIG negouse a firmar). Así o denuncian neste caso, as traballadoras do SAF de Cee, que lamentan que o novo convenio é moito peor que o anterior. “Sentímonos vendidas e traizoadas polos sindicatos”, afirman, deixando claro que as queixas non son contra a empresa.

Aseguran que a pesar da subida ddun 6,5 do IPC en 2021, do 9 en 2022 e unha prevista do 4,5 para o 2023, o novo acordo apenas blinda unha suba anual do 1% durante os vindeiros 4 anos.

Comentarios