As traballadoras do SAF levan as súas demandas aos Concellos de Carballo, Laracha e Vimianzo

Continúan en loita as trallabadoras do Servizo de Axuda do Fogar de todo o país. E tamén de Bergantiños. A folga, convocada pola CIG, está tendo un seguemento do 80%, segundo o sindicato, a pesar dos servizos mínimos que consideran “abusivos”, pois hai concellos nos que se decretou o 100%.
Ademais da folga, continúan co seu calendario de mobilizacións para esixir un convenio digno, que non cree unha doble medida salarial e que afiance unha subida digna para este sector básico, externalizado, tremendamente femininazo e precarizado.
Se o mércores se concentraron diante dos concellos de Malpica, Cabana e Ponteceso, e onte facían o propio polas rúas de Carballo.
Ademais, este venres as concentracións desenvolvéronse primeiro diante da Casa do Concello da Laracha, e posteriormente, arredor da 13:00 horas, diante da empresa que xestiona o servizo en Vimianzo (no vídeo) da Casa do Concello de Vimianzo.

🔥As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar están en folga por un convenio digno. Aínda que o seu é un traballo básico para moitas persoas, nin teñen o recoñecemento social que merecen nin unhas condicións laborais e salariais dignas.
— CIG A Coruña (@CIGACorunha) November 3, 2022
📣Hoxe en #Carballo fixeronse escoitar! pic.twitter.com/PlENaBTOdr
Manifestación en Santiago
Ademais, este sábado día 5 en Santiago convocadas pola CIG-Servizos para rexeitar o preacordo de convenio colectivo asinado por CCOO e UGT coa patronal e para reclamar unhas condicións laborais e salariais dignas. A marcha a pé arrincará da Alameda ás 18:00 horas e rematará na praza de Praterías da capital galega.
Novas do conflito do SAF
- 03-11-22: As traballadoras do SAF en folga concéntranse polos concellos de Bergantiños.
- 02-11-22: As traballadoras do SAF e as do Consorcio de IeB, en folga.
- 26-10-22: As traballadoras do SAF de Bergantiños únense contra o preacordo da vergonza.
- 24-10-22: As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos.