As traballadoras do SAF e as do Consorcio de IeB, en folga

Tempos laborais complicados para dous colectivos tan básicos e feminizados como o Servizo de Axuda do Fogar e as Galiñas Azuis e Centros de Día dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar.
Arrinca hoxe a folga indefinida á que se vén obrigadas as traballadoras de toda Galicia do Servizo de Axuda do Fogar tralo preacordo asinado polos sindicatos CCOO e UGT coa patronal. Agora é a CIG a que convoca esta folga para unhas traballadoras precarias que levan 10 anos sen renovar o convenio.
Lembran que fan unha traballo esencial para a sociedade, polo que explican as razóns da folga, e das concentracións que levarán a cabo estes días. Esta mañá de mércores 2 de novembro estarán concentradas na Praza de Maria Pita da Coruña e o xoves 3 diante do Concello de Carballo, coincidindo coa feira.

Folga das traballadoras do Consorcio
Paralelamenente, a folga das traballladoras das Galiñas Azuis e Centros de Día e demais servizos dependentes do Consorcio Galego De Igualdade e Benestar non para neste mes de novembro. Así informa a CNT, ante a “falta de espírito negociador da Xunta, que só se sentou na mesa en modo informativo”, aseguran.
O conflito, que parecía a piques de resolverse tras acceder a Xunta ás negociacións despois de 3 anos, volve con máis forza que nunca tras sentirse as preto de 1500 empregadas enganadas polos poderes públicos. Nun conflito onde son as propias traballadoras, xa que a CNT non ten liberados, a que trasladan as propostas á Xunta.
Novas do conflito do SAF
- 26-10-22: As traballadoras do SAF de Bergantiños únense contra o preacordo da vergonza.
- As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos.
Novas do conflito do Consorcio
- 14-10-22: A Xunta senta, por fin, a negociar coa CNT a regularización das traballadoras dos Centros de Día e Escoliñas.
- 14-09-22: O Centro de Día de Muros sufriu a “cara mala da folga”.
- 13-09-22: As traballadoras do Consorcio informan sobre a folga nas escolas de Bergantiños e Soneira.
- Setembro 22: As familias afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio: “Non podemos máis”.
- Agosto 22: As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio.
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.