Domingo. 28.11.2021
El tiempo

A Travesía Náutica Xacobea fará parada en Camariñas, Muxía e Muros

Rosa Quintana, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, presentará antes os medios a travesía náutica xacobea Navega o Camiño
Rosa Quintana presentando antes os medios a travesía náutica xacobea Navega o Camiño
A Travesía Náutica Xacobea fará parada en Camariñas, Muxía e Muros

A Travesía náutica xacobea “Navega o Camiño” partirá de Ribadeo o vindeiro 11 de xuño, e fará varias paradas na Costa da Morte. A iniciativa xacobea unirá a Mariña con Compostela, chegando en catamarán ata Padrón e facendo o último treito a pé. É o xeito que ten a Xunta de promocionar o Camiño e fomentar o uso dos portos deportivos da costa galega.

Nesta edición está previsto que participen os barcos das entidades organizadoras - NorthMarinas, Asnauga e Mariñas de Galicia-, un barco de vela adaptado coordinado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e un barco oficial da Xunta no que viaxarán xornalistas especializados en turismo de medios nacionais e europeos para promocionar a costa e as instalacións portuarias galegas e impulsar a incorporación de perfís de navegantes da náutica de recreo.
Pero a peregrinación está aberta a todo o mundo que se queira sumar polo litoral, completando o camiño ou facendo algunha das etapas.

Precisamente haberá varias etapas con sabor costeiro. O 15 de xuño a expedición sairá do Porto da Coruña, fará parada en Camariñas e continuará ata Muxía. Ao día seguinte farán Muxía-Muros de onde partirán o 17 cara Portosín e Cabo de Cruz.

comentarios