Martes. 01.12.2020
El tiempo

O TSXG volve tumbar o PXOM de Muxía

O BNG pide unha “redacción consensuada”
Reunión no Concello de Muxía en 2014 cos técnicos da Xunta
Reunión no Concello de Muxía en 2014 cos técnicos da Xunta
O TSXG volve tumbar o PXOM de Muxía

Aprobado en 2014, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muxía segue pegándose de bruzos coa xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular o mecionado PXOM tras emitir unha sentenza sobre o Recurso contencioso-administrativo presentado unha veciña de Morpeguite, por non cumprir cun trámite obrigatorio, a avaliación de impacto ambiental en áreas da rede Natura. Unha sentenza que ratifica a emitida en 2016.

O grupo de goberno, que “acata a sentenza con total respecto”, e recoñece que “supón inseguridade xurídica e un paso atrás no concepto de ordeación do territorio axeitado aos tempos e crecemento urbanístico controlado”. Con todo, asegura “por parte da administración local se está a revisar a situación urbanística de Muxía, á luz desta sentenza, para tratar de desbloqueala o antes posible”. A alcaldía ampárase na posición da Xunta, que tamén considera innecesaria o sometemento á Avaliación Ambiental Estratéxica, na que se basea do recurso contencioso.

O goberno critica que “as interposicións de demandas contra decisión das AAPP disfrázanse de salvación de cuestións medioambientais cando as verdadeiras razóns son só de interesas particulares, lexítimos, pero individuais e, como neste caso, dan ao traste con determinacións urbanísticas aprobadas polos lexítimos tamén, representantes do pobo, con total desprecio polos anos de traballo, o esforzo e os cartos públicos investidos nestes procedementos”.

O BNG pide unha “redacción consensuada”

Hoxe daba conta da nova o BNG muxián, que reitera a necesidade de realizar unha “redacción dun plan xeral consensuado que deteña o deterioro do noso patrimonio cultural e natural e que permita obter solo público para equipamentos”.

Para o grupo da oposición débese a “mala xestión de 10 anos de gobernos socialistas, 6 deles con maioría absoluta”. Lametan que “só cando a orde de derrube de dúas vivendas en Quintáns ía ser inminente, decidiuse aprobar o mesmo plan xeral elaborado polo Partido Popular, dun xeito precipitado e, como advertiu o BNG, de dubidosa legalidade, rexeitando a nosa proposta de solucionar o problema realizando unha modificación puntual das Normas en vigor que as legalizase”.

En todo caso, o BNG lembra a necesidade de afrontar o Plan unha vez que as vixentes Normas Subsidiarias do ano 95 “son moito máis restritivas, sobre todo nos núcleos rurais, non permiten obter solo público para equipamentos culturais e deportivos, non prevén solo industrial e non aseguran a protección do noso patrimonio cultural e natural”.

Novas relacionadas

comentarios