Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Tribunal de Xusticia anula o PXOM de Muxía

O Tribunal de Xusticia anula o PXOM de Muxía
Beatriz Mato e Felix Porto firmaron onte a orde de aprobacion definitiva do Plan Xeral de Muxia Beatriz Mato (ex conselleria de Medio Ambiente) e Felix Porto firmaron en abril de 2016 a orde de aprobacion definitiva do PXOM de Muxía. Imaxe de arquivo Algo máis de dous anos despois da súa aprobación, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia - TSXG - vén de anular o Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Muxía aprobado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en abril de 2016 por non contar coa "avaliación estratéxica" de áreas que forman parte da Rede Natura. A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG emitiu o fallo despois de desestimar o recurso dun particular contra a orden do 11 de abril de 2016 pola que se aprobou o PXOM declarando nulo o prantexamento. O tribunal sinala que tanto por parte da Consellería coma do concello de Muxía non se xustificou debidamente a omisión do procedemento ambiental legalmente esixido. Ademais, ambas partes demandas deberán asumir as costas procesales. O recurso polo cal que se anulou o plan de ordenación urbanística presentouno a propietaria dunha finca  de 12.000 metros cadrados ubicada en Morpeguite quen recurriu o PXOM por afectar á clasificación urbanística de parte da parcela que a clasificou como "solo rústico de protección agropecuaria" cando no plantexamento anterior se sinalaban os terreos como núcleo rural. Na demanda, a dona do terreo argumenta que o novo plan non respecta o réxime legal urbanístico xa que non ten en conta os tipos básicos da "Lei do Solo de Galicia" fixados no 2010. Pola súa banda, ambas administracións demandadas argumentan que as repercusións ambientais serían só en certas parcelas cuxo desenvolvmento ao final se excluíu do PXOM polo que "xa non habería risco medioambiental nin habería necesidade de someter o plan á avaliación ambiental estratéxica. No fallo, o TSXG sinala que "non se xustifica sufientemente por que non hai as repercusións ambientais para o resto do territorio". O fallo conclúe que unha cousa é que se considere que non hai vulneracións aos valores ambientais protexidos e outra que non haxa que someterse ás directrices ambientais cando se admite que son terreos integrados na Rede Natura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios